Daban un día de sol e calor, ponlle 25ºC, e resulta que amenceu un día nublado e fresco. Subindo Urdilde incluso unha néboa espesa, e a motivación para competir esvaeuse. Pero recupereina xa baixando cara Noia ao disiparse a néboa e ver que entre as nubes aparecían claros alá por enriba do mar. Así de rápido se muda o ánimo.
Chegamos cando xa había bastante xente e moitas persoas xa preparadas facendo o quencemento previo, pero a maioría de charla distendida, relaxada. Resúltame agradable oír, aínda que non escoite, o ton das conversas. Son maiormente, somos, persoas con un sorriso na face en estos minutos. Cada un ten, temos, os nosos problemas ou preocupacións, máis todos esquécense en este par de horas compartidas. Como se ve no cartaz abaixo, a organización ten uns stands expositores con campañas de concienciación sobre unha correcta alimentación así como un pequeno taller (e concurso) sobre técnicas de Recuperación Cardio Pulmonar.
Coñece o lugar, a plaia e piñeiral de Broña (Concello de Outes), e tamén en turismo.gal.
Ao chegar aínda non sabía si ía correr descalzo ou coas sadalias Enix 50. A dúbida sobre correr descalzo era mínima, pois hai camiños con grava e o tramo no piñeiral non está ao meu alcance técnico (e de confianza). O problema coas sandalias é que estas son moi finas e sobre todo remendeille hai tempo o atado e non sabía si aguantarían. Como non tiña outras a man, pois fun con elas antes que coas zapatillas de pasear. Non tiven problemas correndo máis alá de que has levaba un pouco frouxas. Últimamente utiliceinas como calzado normal sin problema, pero correndo deslizábase un pouco a correa no aquiles. Só tiven que determe unha vez un momento a resituala aínda que non chegara a saírse.
A carreira comezou con unha temperatura moi agradable, entre claros de sol e sen vento, e así puidemos correr ben a gusto. Sempre inicio as carreiras contra o final do grupo (unhas 200?), así teño problemas para pasarlle a xente. É un truco barato, máis sicolóxico que real, pero que axuda a non saír chispado e non repartir ben as forzas. Non preciso de estos trucos, pero dame un punto de calma que sempre ven ben.
Algo máis de un quilómetro na carreira comezaba unha pequena subiña na que xa estabamos moi esparexidos e podíase adiantar con comidade. Fun collendo ritmo, sendo conciente da respiración e da forza nas pernas. A verdade é que dentro de estarme esforzando atopábame relaxado e nada crispado. E así metín o piloto automático: mirando a paixase, algún comentario coas demáis corredoras, sobre o meu calzado, pensando en qué ía escribir aquí,etc.
Xa na última baixada polo piñeiral, ademáis de terme que concentrar un pouco (as sandalias!), sentíame ben e decidín que ao chegar de novo a altura do mar faría o último quilómetro e pico con un puntiño máis. Neste tramo adianteille a oito ou dez persoas mantendo sempre un ritmo alto pero sin agobiarme. O ano pasado lembro ter chegado moi atufado a meta.
Os últimos 200m. son pola plaia e máis que fastidiar, dan o carácter e nota distintiva ao percorrido. Xa na meta recuperei moi ben o alento e como dicía, non me crispei. Auga e sandía para todas! Nota: ao mirar a clasificación vin que fixen uns 2' máis que o ano pasado, polo que é de supoñer que por eso me sentín cómodo, por ir máis lento, pero non desfrutei menos!!.
O Percorrido edición 2018 foi das últimas edicións.
Grazas ao Clube Atletismo Outes e a todas as persoas que traballaron para sacar o evento adiante un ano máis. E por moitos!.
Podes comentar este artigo desde a túa conta no fediverso sin ter que abrir unha conta en este servidor, que para eso federamos!.
Comments
March 14, 2024 10:52
I really thank you for the valuable info on this great subject and look forward to more great posts. Thanks a lot for enjoying this beauty article with me. I am appreciating it very much! Looking forward to another great article. Good luck to the author! All the best! chuyển tiền nhật sang việt
March 17, 2024 19:39
Excellent post. I was always checking this blog, and I’m impressed! Extremely useful info specially the last part, I care for such information a lot. I was exploring this particular info for a long time. Thanks to this blog my exploration has ended. Chandelier restoration in NYC
March 17, 2024 21:09
I admire this article for the well-researched content and excellent wording. I got so involved in this material that I couldn’t stop reading. I am impressed with your work and skill. Thank you so much. juwa download
May 4, 2024 13:46
Great job for publishing such a beneficial web site. Your web log isn’t only useful but it is additionally really creative too. Sports Betting Picks Reddit